Casa Quinzán · Ribeira Sacra
Soñas cunha escapada de soño nun contorno natural único? Conecta coa natureza, a cultura e a tranquilidade no corazón de Galicia (Piñor, Taboada).
Presentación
En Casa Quinzán, en plena Ribeira Sacra, ofrecémosche a oportunidade perfecta para conectar coa natureza, a cultura e a tranquilidade desta comarca galega de incomparable beleza.
Gozarás dun espazo privado e independente para ti e os teus acompañantes, equipado con todo o necesario para que te sintas coma na casa: poderás cociñar, lavar a roupa e gozar das túas propias rutinas con total autonomía.
¡Anímate a vir, agardámoste!
Estancias e distribución
- Dormitorios (ata 6 prazas): Dúas habitacións con cama de matrimonio e unha habitación con dúas camas individuais.
- Salón - Comedor: Mesa ampla para 6 persoas, acolledora zona de sofás, estufa de pellets e zona de lectura independente.
- Cociña completa: Equipada con placa de indución, forno, forno microondas, neveira, vertedoiro e lavavaixelas.
- Exterior privado: Zona exterior con barbacoa e paelleira para gozar ao aire libre.
Exterior
Equipamento e Comodidades
Natureza, Cultura e Gastronomía
🥾 Contacto coa natureza
A Ribeira Sacra ofrece un contorno natural incomparable, ideal para practicar sendeirismo, ciclismo, equitación, piragüismo e actividades ao aire libre.
⛪ Románico rural único
Aquí atópase a maior concentración de románico rural de Europa: mosteiros, igrexas, adegas, xacementos arqueolóxicos e miradoiros sobre o Miño e o Sil.
🍷 Gastronomía e Viticultura Heroica
Goza da gastronomía galega con produtos frescos de proximidade e os excelentes viños con D.O. Ribeira Sacra, froito da senlleira viticultura heroica.
Situación privilexiada
Situada en Piñor, 1 (27555 Taboada, Lugo), a só 3 km de Taboada, Casa Quinzán atópase moi preto do centro xeográfico de Galicia, o que a converte nun punto de partida estratéxico e ideal para coñecer toda Galicia.
🗺️ ¿Tes máis plans? Facilitámosche toda a información turística e recomendacións para a túa estancia.
Casa Quinzán
Vivenda de Uso Turístico · Licenza VUT-LU-003592
📧 Email: reservas@casaquinzan.com
📞 Teléfono e WhatsApp: +34 629 20 23 22